#000 – Benvid@ a Emprendendo en 10′

Nota: se estás navegando desde o móbil e non queres instalar ningunha aplicación para escoitalo, fai clic en “reproducir en navegador”.

Comeza o baile un frío xoves 9 de xaneiro de 2020, armado cun micro Blue Snowball, o Audacity e un fondo musical con licencia de libre distribución.

Episodio número 0. A benvida, a saída da carreira, o inicio do vieiro dun podcast co que te quero acompañar durante moitas semanas.

Quero compartir contigo contidos, opinións e vivencias do mundo do emprendemento e a web. Porque a iso adico o meu día a día, ou polo menos unha parte del. A erguer un proxecto desde abaixo que me pague as facturas, os gin tonics e as comidas.

Que é isto, como vai ser e que temas vou tratar é o que atoparás dentro deste primeiro episodio.

Agardo que gostes del e de poder vernos máis a miúdo.

Adiante!

2 comentarios en “#000 – Benvid@ a Emprendendo en 10′”

Deixa un comentario