#006 – Alerta por Coronavirus. Día 5 de illamento

Nota: se estás navegando desde o móbil e non queres instalar ningunha aplicación para escoitalo, fai clic en “reproducir en navegador”.

Pois si, 5 semanas sen publicar porque estiven que nin era quen de respirar de tantas cousas que tiven que facer.

Pero todo cambiou. Estamos illados cunha alerta sanitaria de carallo por mor do Covid-19, o que popularmente se coñece por Coronavirus.

Pois si, contra todo pronóstico, diso vai o programa de hoxe.

E non só, tamén de por que non puide publicar antes, do que penso eu de todo isto e das leccións que deberiamos aprender.

Finalmente tamén vos recomendo que vos pasedes polo directo que temos preparado o vindeiro mércores 25 de marzo.

Coidados e apertas para todas e todos!

Deixa un comentario