#003 – As bases actuais: anxosanchez.com

Nota: se estás navegando desde o móbil e non queres instalar ningunha aplicación para escoitalo, fai clic en “reproducir en navegador”.

Volvemos ao formato habitual, logo dunha boa experiencia probando o formato tertulia no anterior episodio, onde falei cos compañeiros cos que iniciara o proxecto de D3 Servizos Informáticos.

Quería seguir unha orde cronolóxica na exposición xeral do que foron e son os meus proxectos, para que coñezades o marco xeral sobre o que baseo as miñas opinións e vivencias.

Hoxe remato esa panorámica contando o que son xa 25 meses de anxosanchez.com, os problemiñas cos que me atopei e algúns consellos xerais sobre temas que tiven que ir sorteando.

Rematada esta presentación, a partir da semana que vén entrarei en temas concretos, falando e opinando de realidades, de ferramentas, de recursos e moito máis que hai por diante.

Grazas por estar aí e polas vosas opinións <3.

Aprendendo e mellorando sempre!

Deixa un comentario