#001 – Primeira experiencia emprendedora: D3 (I)

Nota: se estás navegando desde o móbil e non queres instalar ningunha aplicación para escoitalo, fai clic en “reproducir en navegador”.

Quero dar as grazas a todas e todos os que escoitáchedes o episodio de lanzamento deste podcast Emprendendo en 10 Minutos e trasladáchedes consellos que me van axudar a seguir camiñando e mellorando.

Porque diso se trata, mellorar pero sen perder a filosofía inicial, que non é outra que a de contar experiencias, opinións e vivencias.

No episodio de hoxe falo de como foi o meu primeiro (e non exitoso) proxecto, que iniciei xunto a dous grandes amigos (Antón e Luis) alá polo 2017.

A idea do episodio de hoxe é presentar como foron eses inicios e de como de perdidos andabamos daquela, sen saber moi ben por onde tirar nin que facer. Como surxiu a idea? Por que? Cales foron os nosos primeiros pasos? Preguntas como estas intento respostar nestes case 12 minutos.

E estade atentas e atentos ao próximo episodio, porque van estar comigo Antón e Luis nunha conversa moi interesante onde entraremos en profundidade nalgunhas cousas (como o pacto de socios ou a enquisa de mercado) das que nós non tiñamos nin idea.

Adiante!

2 comentarios en “#001 – Primeira experiencia emprendedora: D3 (I)”

Deixa un comentario