#005 – Posicióname ou morre, Google!

Nota: se estás navegando desde o móbil e non queres instalar ningunha aplicación para escoitalo, fai clic en “reproducir en navegador”.

Se no episodio anterior falabamos de como WordPress é o teu mellor aliado para o proxecto dixital que estás lanzando, hoxe vou comentar unha serie de consellos que debemos levar a cabo todas as persoas que escribimos nun blog.

E fágoo non sen antes contar unha anécdota que me aconteceu o luns pola cal pensei que falar deste tema hoxe podería ser moi interesante… e está relacionada con bechos e como liquidalos.

E si, tamén con búsquedas en Google.

Isto non é unha consultoría SEO, é un PodCast de variedades, pero tamén comentamos cousas interesantes… polo que se queres profundizar sobre o tema podes ler este artigo sobre como optimizar o SEO dunha entrada do teu blog con WordPress en 7 sinxelos pasos.

E para finalizar enviamos unha serie de saúdos a seguidores leais do programa 😀

Vémonos meussss!

Deixa un comentario