#004 – WordPress, o teu mellor aliado

Nota: se estás navegando desde o móbil e non queres instalar ningunha aplicación para escoitalo, fai clic en “reproducir en navegador”.

Hoxe quero falar de WordPress, co que tan pesado son sempre, pero que considero que é o noso mellor aliado se queremos facer un proxecto online.

E ese proxecto pode ser un blog, unha web corporativa, unha tenda online, un foro, un sistema de reservas e mesmo unha intranet con rede social.

WordPress ten como base o código aberto e o software libre. A comunidade e o voluntariado desinteresado. E tamén xera riqueza e moitos postos de traballo, por exemplo o meu caso.

Adiante!

Deixa un comentario